O teatro afeccionado chega este sábado a Castro de Rei cun espectáculo de O Torques de Burela

LugoXa | TerraChaXa
Porá en escena ás 21.00 horas o seu espectáculo 'ODT-Tive'
odt-tive-teatro
28 sep 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega en setembro obras de teatro a diferentes puntos da provincia co Ciclo de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Así, este sábado, 28 de setembro, ás 21.00 horas, no teleclub de Castro de Rei, O Torques de Burela porá en escena o seu espectáculo ODT-Tive.

Comedia para todos os públicos na que o Sr Godofredo de Bouillón foi asasinado no seu estudo (un recinto pechada por dentro) e atopado o corpo polo criado. Xorde entón a seguinte incógnita: Se o Sr Godofredo foi asasinado de 23 puñaladas como non hai unha soa mancha de sangue no estudo? Un inspector de renome é convocado para dar resposta a un por demais misterioso asasinato. Quen o introducirá nos detalles do crime será o criado da casa onde se cometeu o feito. A impericia e falta de lóxica do novo inspector sumado á distancia e ironía impostas polo criado desatan un sen fin de ocorrencias, conxecturas e situacións por demais insólitas. Neste carril, ambos os personaxes disputaranse o protagonismo da escena.

0.1210150718689