O Teatro Afeccionado fai parada este sábado en Outeiro de Rei

O Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, levará once novas representacións teatrais aos concellos da provincia,
Esta iniciativa supón unha axuda para o mantemento do tecido cultural e das agrupacións teatrais amadoras, ao tempo que permite aos concellos e asociacións ampliar as súas axendas culturais.
Así, este sábado, 28 de novembro, haberá dúas actuacións no termo municipal. Ardora porá en escena Infidelidades en Martul. Será no local social ás 17.30 horas.
As infamias e os rumores son un virus que atacan os valores sobre os que se asentan as familias e as parellas. Esta obra trata, con ton de humor e de crítica, sobre o moito dano que as faladurías mal intencionadas poden facer ás persoas e ás súas relacións.
Por outra banda, ás 17.00 horas terá lugar a representación de Tres nun banco, do grupo teatral Antas de Ulla, no local social de Penas de Rodas