O teatro galego reúne a Xermade, Friol e As Pontes nunha nova viaxe en autobús a Santiago

LugoXa | TerraChaXa | FerrolXa
A proposta está especialmente recomendada para maiores de 14 anos e pretende achegar o teatro profesional galego á veciñanza
a-gaivota-teatro-santiago
28 Sep 2026

Os concellos de Xermade, Friol e As Pontes volverán facilitar o acceso ao teatro galego cunha nova edición do programa Bus do Teatro, que permitirá desprazarse a Santiago de Compostela o vindeiro domingo, 4 de outubro, para asistir á representación de A Gaivota. Ensaio aberto, unha produción do Centro Dramático Galego baseada na obra de Antón Chejov, con dramaturxia e dirección de Santiago Cortegoso e Neto Portela.

A función terá lugar ás 18.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A iniciativa ofrece ás veciñas e veciños das tres localidades a posibilidade de acudir á representación cun servizo de autobús cun prezo de 5 euros.

En Xermade, o autobús sairá ás 15.20 horas da praza do Concello, mentres que en Friol a saída tamén está prevista para as 15.20 horas. No caso das Pontes, o autobús partirá ás 14.50 horas desde a estación de autobuses, na rúa 8 de marzo. O regreso desde Santiago está previsto arredor das 19.45 horas.

As inscricións en Xermade estarán abertas ata o 1 de outubro e poderán realizarse a través do teléfono 678 744 178, enviando o nome e os apelidos, ou mediante o correo educadora.familiar@xermade.org. En Friol, as reservas poden facerse no enderezo cultura@concellodefriol.es ou no teléfono 637 064 024, tamén ata o 1 de outubro. Nas Pontes, as inscricións tramítanse no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 440 344. As prazas son limitadas.

A proposta está especialmente recomendada para maiores de 14 anos e pretende achegar o teatro profesional galego á veciñanza, facilitando o desprazamento ata a capital galega para gozar dunha experiencia cultural diferente.

Ademais, a representación terá un significado especial para As Pontes, xa que Mercedes Castro, natural da localidade, forma parte do elenco de A Gaivota.

0.15205311775208