O Teleclub de Castro de Rei acollerá un obradoiro de xoiería sostible con Lixo Atelier

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario habilitado pola organización
As-xoias-e-o-seu-reflexo
23 Nov 2026

A Asociación Chaíño de Castro de Rei organiza o vindeiro domingo 29 de novembro, ás 17:00 horas, un obradoiro de Lixo Atelier no Teleclub de Castro de Rei.

A actividade permitirá ás persoas participantes descubrir o mundo da xoiería sostible e crear a súa propia peza a partir de redes recollidas nas praias das costas galegas, dándolles unha nova vida a través da creatividade e da reutilización de materiais.

A participación terá un custo de 10 euros. As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario habilitado pola organización.

0.14286303520203