O tradicional Convivio da Cultura Galega será este sábado en Santa Isabel

TerraChaXa
A Carballeira de Santa Isabel acollerá a VI edición do Convivio da Cultura Galega, que se desenvolverá este sábado a partir das 11.
Captura de pantalla 2019 06 24 a la(s) 11.31.31
12 Xul 2019

A Carballeira de Santa Isabel acollerá a VI edición do Convivio da Cultura Galega, que se desenvolverá este sábado a partir das 11.30 horas. Os actos arrincarán na Casa-Museo Manuel María coa acollida de participantes e a actuación do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Ás 12.15 terá lugar o encontro de entidades da Federación Galiza Cultua no auditorio da Casa Museo, para preparar o desenvolvemento de próximas iniciativas conxuntas. A continuación, realizarase a tradicional ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro coa intervención da Felipe Senén.

Seguidamente terá lugar un concerto da Banda Municipal de Música Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel.

Como sempre, o xantar terá lugar na carballeira a partir das 14.00 horas e ás 17.00 comezará comezará unha foliada para cantar e bailar con distintos grupos de música tradicional. A asistencia é libre.

Esta festa está organizada, coma sempre, pola Casa Museo de Manuel María.

Imprimir
0.18131494522095