O transporte do Ceip Terra Chá terá unha nova parada na estación de autobuses

TerraChaXa
O colexio da parroquia vilalbesa de Román, o Ceip Terra Chá, vén de comunicar que o centro terá dúas paradas de autobuses no centro urbano para o próximo curso escolar.
WhatsApp Image 2020 07 10 at 18.39.50
11 Xul 2020

O colexio da parroquia vilalbesa de Román, o Ceip Terra Chá, vén de comunicar que o centro terá dúas paradas de autobuses no centro urbano para o próximo curso escolar.

De sempre tiña habilitada á situada na rúa da Pravia e agora vén de sumar a situada na estación de autobuses. Polo de agora, e mentras a estación non se peche para o seu amaño, os escolares poderán coller o autobús dende as dársenas pero posteriomente a Xunta habilitará no exterior dúas marquesiñas para esta función.

Esta segunda parada responde a unha demanda do centro xa que a parada da rúa da Pravia non conta con lugar de abrigo e non hai zona de aparcamento, o que dificultaba o seu uso polos familiares.

Trátase dunha parada integrada xa que tamén poderán usala os adultos para achegarse ás localidades de Goiriz e Román.

 

0.18662214279175