O Txoko de Parga convoca este sábado o magosto e a festa de Samaín

TerraChaXa
O evento incluirá castañas asadas e viño gratis para todos, ademais de premios para os disfraces máis terroríficos e actuacións musicais
samain-o-txoko-de-parga-e-parga-rock
28 Oct 2026

A Asociación Cultural O Txoko de Parga organiza este sábado, 31 de outubro, a súa tradicional festa do Magosto e Samaín no local da asociación. A partir das 19:00 horas, veciños e visitantes están convidados a participar nesta celebración tradicional do outono.

O evento, realizado en colaboración co Parga Rock, incluirá castañas asadas e viño gratis para todos, ademais de premios para os disfraces máis terroríficos e as actuacións de Doctor Snob e DJ Coutinho. Esta xornada busca combinar a tradición do magosto, coas súas castañas asadas e espírito de convivencia, coa celebración lúdica e festiva do Samaín.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Guitiriz e promete ser unha tarde chea de diversión e cultura para toda a familia.

0.15560603141785