O último dos obradoiro tecnolóxicos da Aula CeMIT de Guitiriz terá lugar a partir do mércores

TerraChaXa
Co título ‘Aventura dixital creando con Canva e Genially’, a cativada poderá descubrir ferramentas para a creación de contidos visuais e presentacións interactivas
obradoiro-aula-cemit-guitiriz
20 Jul 2026

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz desenvolve este mes de xullo un programa de actividades dirixido á cativada co obxectivo de fomentar un uso creativo, responsable e crítico das novas tecnoloxías.

A programación inclúe varios obradoiros gratuítos con prazas limitadas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 26 de xuño.

Os días 22, 23 e 24 de xullo terá lugar o obradoiro ‘Aventura dixital creando con Canva e Genially’, no que a cativada poderá descubrir ferramentas para a creación de contidos visuais e presentacións interactivas. Trátase do último dos tres que se celebraron e que teñen un horario de 10:30 a 12:30 horas.

Por último, a Aula CeMIT acollerá a proposta ‘Casa domótica accesible’, que contará con dúas quendas diferenciadas: unha o 28 de xullo, destinada á cativada de 9 a 11 anos, e outra o 30 de xullo, dirixida á mocidade de 12 a 16 anos. Ambas quendas serán en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal, na Aula CeMIT de Guitiriz ou a través do teléfono 982 37 00 62, onde tamén se poderá obter información adicional sobre cada unha das actividades.

0.13503789901733