O venres abre o CIN de Bretoña tralo peche pola pandemia

TerraChaXa
O venes 3 de xullo abrirá de novo o museo de Bretoña, que está a piques de cumprir o primeiro ano de vida no que xa contabilizou arredor de mil visitantes.
67578775_112120416798298_2486900520967471104_o
2 Xul 2020

O venes 3 de xullo abrirá de novo o museo de Bretoña, que está a piques de cumprir o primeiro ano de vida no que xa contabilizou arredor de mil visitantes.

O centro abrirá respectando a nova normativa de seguridade sanitaria coa desinfección continuada das salas e o uso obrigado de máscaras. Este centro formativo recupera o horario co que funcionou esta tempada, abrindo os venres, sábados, domingos e luns.

Segundo avanzou o alcalde, Primitivo Iglesias, este verán se incorporarán novos elementos ao cartel expositivo do centro, que non serán só relixiosos como ata o de agora senón tamén será o lugar no que se ubicarán os novos achados do Castro de Saa, así como dous coitelos da época, contas de doas, pedras de muíños e outros achadas arqueolóxicos dos últimos tempos.

A intención e ubicar estes novos achados nun dos locais dos baixos do edificio, xa que ata o de agora só está ocupado o primeiro andar acollendo o museo.

"Estamos estudando outras melloras para facer un centro de interpetación de diferentes materiais para que abrangue non só temas relixiosos, senón tamén a historia da zona dende o punto de vista arqueolóxico e probablemente etnográfico", explicou Iglesias. A intención é ir ocupando as distintas estancias aínda baleiras para "darlles uso e facer que sexa un centro de atracción pouco a pouco". Así mesmo, o piso alto será destinado a exposicións, conferencias e actos públicos. Segundo indicou o alcalde, nese piso alto, falta o mobiliario, que se porá en breve.

 

0.14666295051575