O Veteranos Friol gaña a Copa Deputación e o Vilalbés fixo dobrete

TerraChaXa | LugoXa
O Campo da Veiga, en Muras, acolleu este sábado o último partido da Copa Deputación coa vitoria do AD Veteranos Friol á Comercial por 2-1.
copa deputacion friol
copa deputacion friol
26 jun 2022

O Campo da Veiga, en Muras, acolleu este sábado o último partido da Copa Deputación de fútbol veterano no que  o AD Veteranos Friol fíxose co galardón tras vencer á Comercial por 2-1.

Intenso partido no que a Comercial abriu o marcador no minuto 16 grazas a un penalti que convertiu Manuel López Fagilde.

No sería ata a segunda parte cando o Friol puxo o empate ao marcador por medio de Francisco Cambón e a dous minutos do final fíxose coa vitoria metendo o gol que valía unha Copa Iván Díaz.

O equipo vencedor chegou á final tamén de forma axustada e tras empatar o anterior partido contra o Restaurante Picato a 1 e lograr o pase á final na quenda de penaltis. En cuarto o rival que bateu foi o Sancobade e pola mínima (0-1).

A Comercial, pola súa banda, pasou á final tras vencer ao Rábade por 4-2 e en cuartos ao Codesido por 2-3.

DOBRETE DO VILALBÉS

Tamén o Vilalbés fíxose coa Copa Deputación nas categorías xuvenil e infantil na xornada de onte. Pola mañá, o campo da Reigosa en Friol acolleu o partido da final da Copa Deputación entre o Polvorín e o Vilalbés, no que a vitoria foi para o conxunto da Chaira, que deste modo fai dobrete, xa que tamén logrou o título de Liga e o ascenso á categoría Galega.

O conxunto verdivermello dominou o marcador cun 0-3 no minuto 50 antes que o Polvorín recuperara forzas para aproximar o marcador ata o 2-3. Finalmente, no minuto 77, o Vilalbés subiu o definitivo 2-4.

O conxunto chairego superou en semifinais ao Residencia B e en cuartos ao Becerreá, nos dous casos por resultados moi axustados.

E pola tarde, vitoria tamén contundente do Vilalbés B, que se fai coa Copa na categoría xuvenil ante o Ribadeo B cun amplo resultado de 1-5 no campo da Mina, na Pontenova. Malia a facilidade coa que gañaron na final, a dificultade estivo nas semifinais, nas que conseguiron a clasificación na quenda de penaltis ante o Milagrosa e tras empatar 2-2 o duelo.

En cuartos tamén chegaron ata o 2-5 ante o Pol.