O Vilalbés B perde a ocasión de celebrar o ascenso tras unha trifulca no campo

TerraChaXa
A tangana montouse por unha agresión entre xogadores que se ampliou ao público asistente polo que o árbitro suspendeu o partido
trifulca-en-cospeito-entre-o-vilalbes-b-e-o-san-ciprian
Un momento do altercado
10 Xuño 2024

Cunha suspensión e á espera da decisión da Federación de Fútbol. Así rematou este domingo o partido da volta dos play off de ascenso á Primeira entre o Vilalbés B e o San Ciprián cando os primeiros tiñan o pase á seguinte categoría xa na man.

Logo dun partido de ida no que remataron sen goles, os dous equipos enfrontáronse este domingo á tarde en Cospeito, campo no que o Vilalbés B disputou case toda a segunda tempada. O equipo local comezou gañando o partido e levándose unha ampla vantaxe, xa que foi por diante no marcador. Lograron abrir fenda os verdivermellos con dous goles antes do descanso. Achegáronse os visitantes, pero xusto antes do final o Vilalbés volveu marcar. Foi aí cando unha discusión entre dous rivais acabou cunha agresión. A partir de aí o numeroso público que asistiu para celebrar o ascenso, entre o que se atopaban moitos xuvenís, acabou cunha tangana na que tivo que intervir a Garda Civil.

Aínda que só houbo que lamentar un ferido, o xogador agredido, houbo moito intercambio de golpes e moita tensión entre todos os que intentaron poñer paz entre os que se enfrontaban.

Como conclusión, e dado que o público invadiu o campo acabando coa seguridade do enfrontamento, o árbitro decidiu a suspensión do duelo co marcador en 3-1 polo que o Vilalbés B no puido celebrar o ascenso na súa carreira fulgurante despois de só un ano en Segunda.

Os dous equipos implicados manifestaron a súa condena á situación e anunciaron por parte do Vilalbés B as sancións correspondentes. Así mesmo, non descantan no San Ciprián facer unha denuncia.

0.18061184883118