O Vilalbés presenta unha nova edición do seu álbum de cromos

TerraChaXa

Seguindo na liña doutros anos, o Rácing Club Vilalbés presentou o album do club para a tempada 2022/23, composta por 307 cromos, un agasallo que o club quere ofrecer aos seus membros da base.

6 ene 2023

Seguindo na liña doutros anos, o Rácing Club Vilalbés presentou o album do club para a tempada 2022/23, composta por 307 cromos, un agasallo que o club quere ofrecer aos seus membros da base.

Segundo explicou o presidente do club na presentación, o álbum recolle as imaxes de 235 xogadores, 18 adestradores e 15 equipos diferentes.

Este ano o club conta con dous novos equipos, un filial do sénior, que está en Terceira Galicia, e que encabeza no ano do seu debut a clasificación. O segundo foi o un equipo genuine.

A edición dos cromos do Vilalbés se fixo noutras ocasións, como na tempada 2013/14 ou na 2017/18 cunha gran aceptación dos pequenos, que este ano además contarán cun espazo reservado no álbum para conseguir a firma do seu ídolo do primeiro equipo.

A presentación contou con numeroso público, especialmente futbolistas da base, que se levaron para casa o seu álbum e un paquete de cromos para dar inicio á colección. O resto dos cromos compraranse nas librerías da localidade.