O Vilar celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Remedios con tres días de música e tradición

A parroquia de O Vilar, en Guitiriz, prepara para esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Remedios, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de setembro cun programa que combina música, tradición e actividades para toda a familia.
As celebracións comezarán o venres día 4 a partir das 22.00 horas, con reparto gratuíto de liscos e chourizos, seguido dunha verbena amenizada polo Trío Rosel.
O sábado 5 terá lugar ás 13.30 horas a misa solemne, acompañada de procesión e sesión vermú a cargo do Dúo Venus. Pola noite, a verbena contará coas actuacións do Dúo Venus e do Dúo Almanova.
O domingo 6 repetiranse os actos relixiosos a partir das 13.30 horas, coa misa solemne, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo Dúo Deluxe.
A programación inclúe tamén actividades pensadas para os máis pequenos, xa que haberá inchables gratuítos durante as tres xornadas festivas.