O viveiro de Outeiro de Rei organiza novos obradoiros para emprendedores

TerraChaXa
27042018
2 Maio 2018

Tras o éxito do taller Equipo e motivación do pasado día 17 de abril, continúan os obradoiros para emprendedores nas instalacións do viveiro industrial municipal de Outeiro de Rei.

Xa se organizou outro taller sobre Estudo de mercado, mapa de empatía do cliente e ecosistema emprendedor o pasado 24 de abril impartido por Juan Manuel López Labrada, presidente. E o seguinte taller será de Marketing dixital e páxinas web o martes día 8 de maio de 16:00 a 19:00 horas.

A súa impartición correrá a cargo de Manuel Rey Varela, experto en marketing dixital, quen expoñerá como crear e manter unha boa páxina web, como funcionan as buscas na Internet (Google Trend) e as estratexias de Marketing dixital SEO (posicionamento web sen custo), SEM (promoción da web en buscadores) e Landing pages (xeración de seguidores ou leads).

Os talleres están abertos á participación de calquera persoa interesada, ata completar o aforo. As instalacións do viveiro industrial municipal de Outeiro de Rei atopanse no parque empresarial de Outeiro de Rei (Rúa do Acibro, nº 2).

0.14383506774902