O xurado xa ten os gañadores do certame Poeta Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
Presentáronse ao concurso un total de 300 traballos
xurado-do-concurso-avelino-diaz
Xurado do concurso Avelino Díaz
9 Xuño 2024

O xurado do certame de debuxo e poesía Avelino Díaz  na súa VII edición deu a coñecer os gañadores nas distintas categorías.

Así, na de 3 a 8 anos, en debuxo, o primeiro premio foi para Érika Barreiro Silva, coa obra As Paisaxes de Alevino 1. En segundo lugar quedou Julia Ferreiros Díaz, con Avelino Díaz casándose. O terceiro posto foi para Diego Rodríguez Crecente, coa obra A aldea dos corazóns máxicos.

Nesta categoría concedéronse dous accésits. O primeiro foi para Martín López Gil, por As paisaxes de Avelino 4, pola súa composición; e para Andrea Gasalla Eiras con Avelino o pirata, pola súa orixinalidade.

Na categoría de 9 a 12 anos, para traballos en poesía, o primeiro premio foi para Alexandra López Álvarez coa obra Para Avelino. En segundo lugar quedou Eduardo López Anido con Avelino, e pechou o podio Carolina Marqués Barcia, con A síndrome de Down.

Todos os traballos gañadores corresponden a alumnado de CEIP Pluriglingüe Poeta Avelino Díaz, agás os terceiros. Diego Rodríguez é do CEIP Plurilingüe San Xoán de Becerreá e Carolina Marqués de Riotorto.

Tamén en poesía competiron na categoría de 13 a 17 anos, na que gañou Pablo Pérez Bello, coa obra O diván de Damián, e quedou segunda Alejandra Teijeiro Luna, con Ritmo do Corazón. O terceiro foi para Rut Busto Domínguez coa obra Quen me quererá.

Manuel Rancaño Míguez, de 23 anos e de Redondela, foi o gañador do concurso de poesía na categoría de adultos, coa obra Aos que soñaron con voltar. En segundo lugar quedou Natalia Lema Otero, de 24 anos e natural de Baíñas, en Vimianzo, que presentou o traballo O delirio do anxo.

A terceira praza foi para Julio Romero Suárez, de 58 anos, de Arteixo por Ecos de Bretaña.

Nesta categoría tamén se repartiron accesits. Inés Mosquera Calvo, de 31 anos, de Santiago, levouse o primeiro por Flor de algodón, e David Salazar Vandenberghe o segundo con Galbana.

Presentáronse ao concurso un total de 300 traballos, que foron seleccionados por Xosé Otero Canto, Martiño Maseda Lozano e Begoña Vizcaíno Sanmartín. Actuou como secretario Eloi Treita Foxaca.

0.10015487670898