O XXVI Concurso da Filloa de Muimenta premia o talento escolar con 168 traballos presentados

TerraChaXa
Os traballos premiados serán expostos durante a celebración e as persoas gañadoras recibirán os seus galardóns tras o pregón oficial
presentacion-festa-da-filloa-2026
29 Apr 2026

A organización deu a coñecer os nomes das persoas galardoadas no XXVI Concurso de Debuxo e Relato da Filloa, tras a reunión do xurado celebrada na tardiña deste martes, 28 de abril. Nesta edición, a temática proposta xirou arredor da Festa da Filloa, sobre a que os nenos e nenas participantes elaboraron os seus traballos.

En total presentáronse 168 propostas procedentes de oito centros escolares, consolidando así a ampla participación e o interese que esperta este certame entre a comunidade educativa.

Os traballos premiados serán expostos durante a celebración da Festa da Filloa de Muimenta, e as persoas gañadoras recibirán os seus galardóns tras o pregón oficial, que terá lugar o vindeiro 1 de maio.

Os premios están patrocinados pola comisión organizadora da MOEXMU, co apoio do Concello de Cospeito, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, Turismo de Galicia, Abanca, Caixa Rural Galega e Aceites Abril. Ademais, o vicerreitor de Organización da Universidade de Santiago de Compostela fará entrega dunha tablet, que será concedida ao mellor debuxo ou ao mellor relato, aínda que este recoñecemento non se fará público ata o acto de entrega durante a XXXV Festa da Filloa de Muimenta.

Dende a organización quixeron agradecer de antemán a colaboración de todas as entidades implicadas, así como a participación do alumnado e dos centros educativos que fixeron posible unha nova edición deste concurso.

premios-concurso-filloa
0.12265992164612