Ofrentan en Friol clases de zumba desde o día 6

Friol inicia este mes de outubro clases de zumba cunha oferta de dúas horas á semana e cun prezo de 20 euros ao mes no caso de ir a unha clase e de 35 por dúas.
As clases terán lugar todos os martes de 22.00 a 23.00 horas e todos os mércores de 20.00 a 21.00 horas no pavillón municipal de Friol e arrancarán o próximo día 6.
Todas as persoas que desexen inscribirse nas clases pódeno facer chamando ao teléfono de Nerea (662 921 050) antes do 1 de outubro.