Oleiros, Santalla e San Xurxo celebran as Festas na Capela do Socorro este fin de semana

As parroquias de Oleiros, Santalla e San Xurxo preparan unha fin de semana de celebración coa tradicional romaría na honra á Virxe do Socorro. As festas terán lugar entre os días 15 e 17 de maio no recinto da Capela do Socorro, cunha ampla programación relixiosa e musical.
O venres arrancarán cunha actuación da Banda de Música de Vilalba ás 21.00 horas seguida da verbena a cargo de Cinema.
O sábado 16 de maio comezará cunha misa solemne ás 13:30 h, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Principal. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Principal e Eureka.
O domingo 17 de maio, a celebración retoma o mesmo formato con misa e procesión tamén ás 13:30 h, e unha nova sesión vermú que contará coa actuación do Punto Clave.
Para garantir o confort dos asistentes, a organización contará cun campo cuberto con carpa. A comisión agradece especialmente a colaboración de empresas locais e das achegas anónimas que fan posible o evento.