Once concellos da Chaira poderán saír á rúa sen restricións horarias
Os veciños de 200 concellos galegos non terán as limitacións establecidas polo Goberno por ter menos de 5.000 habitantes.
O Goberno decidiu establecer franxas horarias para ordenar o inicio da actividade deportiva individual incluída dentro das medidas de alivio da crise do coronavirus, que poderá realizarse das 06 ás 10.00 horas e das 20.00 ás 23.00 horas.
Así, casi a totalidade de concellos da Terra Chá lucense conta con menos de 5.000 veciños polo que tan so As Pontes, Castro de Rei, Guitiriz, Outeiro de Rei e Vilalba son os afectados nesta limitación horaria.
Por outra banda os concellos con accesos ás praias contan con areais moi extensos na súa maioría, por iso nas saídas dos nenos ou para facer deporte e dar paseos os veciños que se atopen a menos dun quilómetro da praia poderán desfrutar dela.
HABITANTES POR CONCELO
A Pastoriza 3.002
Abadín 2.367
As Pontes 10.138
Begonte 3.026
Castro de Rei 5.052
Cospeito 4.484
Friol 3.734
Guitiriz 5.864
Meira 1.725
Muras 642
Outeiro de Rei 5.151
Pol 1.609
Rábade 1.501
Riotorto 1.262
Vilalba 14.062
Xermade 1.806