One health

TerraChaXa
Por Breixo González Hoxe debido á pandemia que está ao noso arredor (COVID-19), da que sabemos que é unha zoonose, é dicir, unha enfermidade de orixe animal que trapasou a barreira animal-humano, sendo eses animáis fauna salvaxe , fainos pensar en que debemos profundizar e non esquecer o concepto de ONE HEALTH, e por iso ímolo explicar.
Breixo González
18 Maio 2020

Por Breixo González

Hoxe debido á pandemia que está ao noso arredor (COVID-19), da que sabemos que é unha zoonose, é dicir, unha enfermidade de orixe animal que trapasou a barreira animal-humano, sendo eses animáis fauna salvaxe , fainos pensar en que debemos profundizar e non esquecer o concepto de ONE HEALTH, e por iso ímolo explicar.

One Health ou Unha Saúde é un enfoque concibido para deseñar e aplicar programas, políticas, leis e investigacións no que múltiples sectores que deben comunicarse e colaborar para protexer a saúde pública.
Os ámbitos de traballo do enfoque de Unha Saúde poñen a lupa na seguridade alimentaria , o control de zoonoses e a loita contra a resistencia aos antibióticos (cando as bacterias, tras estar expostas a antibióticos, vólvense máis difíciles de destruír).

O enfoque de Unha Saúde é fundamental xa que moitos microbios afectan tanto a animais como a humanos cando uns e outros viven nun mesmo ecosistema. Os esforzos de só un sector non poden previr ou eliminar o problema. Tomando como exemplo a rabia, en humanos só prevense de maneira eficaz actuando sobre a fonte animal do virus (por exemplo, vacinando aos cans). A información sobre os virus da gripe circulantes en animais é vital a efectos da selección de virus para fabricar vacinas humanas contra posibles pandemias de gripe. Os microbios farmacorresistentes pódense transmitir entre animais e humanos mediante o contacto directo e mediante alimentos contaminados, de modo que para contelos de modo eficaz precísase adoptar un enfoque coordinado nos ámbitos humano e animal.

Os profesionais que participan pertencen en diferentes sectores, como a saúde pública, a saúde animal, a saúde vexetal e o medio ambiente, que deberían unir as súas forzas para apoiar os enfoques de Unha Saúde. Para previr e detectar brotes de zoonoses e problemas de seguridade alimentaria e responder ante eles, os distintos sectores deberían compartir os datos epidemiolóxicos e de laboratorio. Os funcionarios gobernamentais, os investigadores e os profesionais de todos os sectores de ámbito local, nacional e mundial deberían responder de maneira conxunta ás ameazas sanitarias. A OMS colabora estreitamente coa Organización das Nacións Unidas para a ción e a Agricultura (FAO) e a Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) para promover respostas multisectoriais aos perigos en materia de inocuidad dos alimentos, os riscos de zoonosis e outras ameazas para a saúde pública na interacción entre seres humanos, animais e o ecosistema e proporcionar orientacións sobre o modo de reducir estes riscos.

Estes últimos tres parágrafos da propia páxima da OMS, e se vos fixades unha parte moi importante no traballo dos veterinarios:

Vixiando as enfermidades animais (incluidas as ZOONOSES) , realizando o control de enfermidades infecciosas con programas de control e erradicación mediante a realización de analíticas e programas de vacinacións, establecemento de medidas de protección para evitar a entrada das mesmas (nas coñecidas ADSG)

Establecemento de programas APPCC (Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control) na industria alimentaria e na producción animal anticipando a aparición de problemas nas mesmas e establecendo sistemas de control e resolución dos problemas sanitarios que poden aparecer.

O control o longo da cadea alimentaria por parte do corpo de funcionarios, dende o campo ata o prato.

Sabemos que o máximo responsable fronte á COVID-19 en Alemaña é veterinario, estamos vendo numerosas entrevistas como experto en España a Juan José Badiola que é veterinario...

O que nos leva a pensar, por qué en España e Galicia se está a desaproveitar eses coñecementos? Que cada un saque as súas conclusions.

0.18702602386475