Operarios das auxiliares das Pontes concentráronse onte en Ferrol

TerraChaXa
Tal e como anunciaran en setembro, traballadores das firmas auxiliares da central térmica de Endesa nas Pontes volverán ás rúas para pedir garantías de emprego e que o colectivo non acabe en situación de paro unha vez que se produza o peche das instalacións.
concentracion xunta ferrol auxiliares endesa
12 Oct 2023

Tal e como anunciaran en setembro, traballadores das firmas auxiliares da central térmica de Endesa nas Pontes volverán ás rúas para pedir garantías de emprego e que o colectivo non acabe en situación de paro unha vez que se produza o peche das instalacións. Así o pactaran nunha reunión CCOO, UXT e CIG xunto á coordinadora da industria auxiliar do complexo.

Preto dun centenar de traballadores das empresas auxiliares concentráronse onte ante o edificio administrativo da Xunta en Ferrol, para asegurar que “o que se está producindo non é unha transición xusta”.

Reclaman os traballadores que as compañías teñen contrato ata o próximo 30 de novembro e afirman que desta maneira “de transición xusta temos moi pouco, xa que si que queda xente atrás, non o é”. Detallaron que os primeiros en quedar atrás, son as compañías auxiliares.

A concentración celebrouse onte porque era o día no que había concretada unha reunión con todas as partes que tiñan que achegar solucións ao problema das auxiliares, como son Instituto de Transición Xusta, Xunta, Concello das Pontes, Endesa e sindicatos, pero desconvocouse e dar conta do motivo.

Na planta están a realizar algúns traballos residuais, tanto de produción como de mantemento pero xa orientados a un posible desmantelamento, ou sexa, a un peche.

"Esiximos medidas que garantan a continuidade laboral dos afectados sen ter que pasar polo desemprego", explicaron. Ao seu xuízo, "unha transición é xusta se non é con despedimentos", polo que emprazaron a "buscar alternativas que arroupen a situación das persoas traballadoras da industria auxiliar".

Os sindicatos instan a abordar alternativas reais e concretas cara a unha transición xusta que garanta a continuidade do emprego e defínanse proxectos reais na localidade.

0.17062091827393