Organizada en Xermade unha charla sobre compostaxe

TerraChaXa
O Concello de Xermade dentro do convenio que ten con Sogama para introducir de forma progresiva aos veciños na reciclaxe de materia orgánica no fogar realizará o mércores 26 de febreiro, as 19.
84585296_3208289992517951_4831536194489679872_o
21 Feb 2020

O Concello de Xermade dentro do convenio que ten con Sogama para introducir de forma progresiva aos veciños na reciclaxe de materia orgánica no fogar realizará o mércores 26 de febreiro, as 19.00 horas, unha charla informativa na biblioteca para informar de como elaborar compost. A charla terá lugar na biblioteca de Xermade.

Ademais, neste curso formativo entregaranse composteiros a todas aquelas persoas que o teñan solicitado.

A través deste convenio, Sogama entregou ao goberno local 25 compostadores, duns 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, a igual número de familias que dispoñan de terreo, horto ou xardín, no que aplicar o compost resultante.

O obxectivo é pechar un ciclo de aproveitamento dos residuos orgánicos in situ mediante a súa conversión en abono natural. Sogama tamén proporcionará ao Concello xermadés manuais didácticos de apoio para que sexan entregados aos usuarios, que lles axudarán á hora de aplicar a técnica con maiores garantías de éxito, resolver dúbidas ou emendar posibles erros no proceso de compostaxe.

0.16631412506104