A asociación de Nete organiza cursos a partir de outubro

TerraChaXa
A Asociación de veciños de San Cosme de Nete celebrará en outubro unha serie de cursos e obradoiros que darán comezo a primeira semana de mes.
cursos asociacion vecinos nete portada
cursos asociacion vecinos nete portada
21 sep 2023

A Asociación de veciños de San Cosme de Nete celebrará en outubro unha serie de cursos e obradoiros que darán comezo a primeira semana de mes.

Así, impartirase cursos de acordeón para nenos, de pandeireta, batucada e percusión tradicional, que terán lugar polas tardes.

Así mesmo haberá outro de ximnasia de mantemento, gancho, encaixe de bolillos e vida en equilibrio, tamén polas tardes.

Finalmente, abrirán outros talleres de baile tradicional, de salón e batucada, que serán tanto pola mañá como pola tarde.

Para estes cursos o prazo inicial de remate de inscrición será o 26 de setembro e as persoas que o desexen, poden anotarse no teléfono de Gelu (646 006 167).

cursos asociacion vecinos nete
0.18885207176208