Organizan en Begonte un taller de primeiros auxilios

TerraChaXa
Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura o 12 de xuño.
taller primeiros auxilios begonte portada
taller primeiros auxilios begonte portada
12 Mar 2024

Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura desta localidade o 18 de marzo de 16.30 a 19.30 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragoamentos e recoñecemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

As inscricións poden realizarse ata o 13 de marzo no correo deportes@concellodebegonte.es, no whasapp no 619 455 026, no teléfono 982 396 143 ou presencialmente no Concello.

0.13194298744202