Organizan en Begonte unha viaxe ás illas de Tambo e Arousa

TerraChaXa
Será o 5 de setembro e a inscrición pechará o día 3
viaxe-a-tampo-e-arousa-begonte
Cartel
29 Ago 2024

O próximo xoves 5 de setembro, o Concello de Begonte fará unha excursión ás illas de Tambo e Arousa, onde ademais poderán gozar dunha viaxe en catamarán e dunha degustación de mexillóns a bordo na primeira das visitas.

Está previsto o xantar en Meaño para continuar a tarde na Illa de Arousa.

A viaxe ten un prezo de 55 euros para empadroados e de 65 para os de fóra. Hai dispoñibles 50 prazas que se distribuirán por rigorosa orde de inscrición sendo o último día para anotarse o martes 3 de setembro.

A viaxe inclúe almorzo, comida, barco e transporte en bus.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago.

0.17670488357544