Organizan en Cospeito unha excursión a Taramundi con ruta incluída

TerraChaXa
San Mariño de Pino, en colaboración coa do Cruceiro San Pedro de Seixas, organizan un viaxe e unha ruta de senderismo por Taramundi.
excursion taramundi cospeito portada
excursion taramundi cospeito portada
22 Mar 2023

A asociación San Mariño de Pino, en colaboración coa do Cruceiro San Pedro de Seixas, organizan un viaxe e unha ruta de senderismo por Taramundi, que terá lugar este domingo, 26 de marzo.

Sairán ás 8.00 horas dos puntos habituais con parada para almorzar en Taramundi. Visitarán primeiro o Museo dos Muíños e logo farán a ruta dos ferreiros (un percorrido circular de 6 quilómetros). Rematarán cun xantar no Lar da Balbina.

Esta excursión está pensada tanto para as persoas interesadas nas rutas de senderismo como para aquelas que non. Por este motivo a ruta e voluntaria así como a visita ao museo. Con todo a entrada ao mesmo está incluída no prezo da viaxe, así como o almorzo e o xantar. Este é de 40 euros para socios e 50 para os non socios.

excursion taramundi cospeito
0.1840980052948