Organizan en Lugo e Vilalba cursos para persoal de hostalaría e turismo

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería de Emprego e Igualdade impulsa en Lugo e Vilalba 26 accións formativas para traballadores da hostalería e o turismo.
hostalaria
2 Feb 2022

A Consellería de Emprego e Igualdade impulsa en Lugo e Vilalba 26 accións formativas para traballadores e traballadoras da hostalería e o turismo, dirixidas principalmente a persoas ocupadas aínda que se admite a posibilidade de que participen persoas sen emprego, ata un 30% do cupo total.

Estas accións suman un orzamento de 256.600 euros e a Xunta convocou este programa formativo extraordinario con motivo do Xacobeo para incrementar as competencias técnicas profesionais do persoal e a competitividade das empresas.

A programación, que comezou a desenvolverse a finais de ano e continuará durante o presente exercicio, contempla tres cursos en Vilalba e 23 no municipio da capital, organizados por tres centros de formación homologados: Estudios Rafer, Ingeniería InSitu e Gdoce.

Ofértanse accións formativas en materias como Manipulador de Alimentos, Alerxias e intolerancias alimentarias, Nutrición e dietética, Comercialización de produtos turísticos ou Ecoturismo. Incorpora tamén cursos centrados en actividades complementarias, tales como a alfabetización informática -Big data, posicionamento web e marketing dixital-, inglés empresarial, xestión loxística ou implantación da marca Q de Calidade turística.

Os cursos impártense nas modalidades presencial, mixta ou de teleformación. As dúas primeiras organízanse en grupos cun mínimo de 8 e cun máximo de 25 participantes.

0.24555087089539