Organizan en Muimenta un obradoiro de control do estrés
TerraChaXa
Organizan o día 10 en Muimenta un obradoiro de control do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral.
2 Mar 2022
A casa da cultura de Muimenta acollerá un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral o próximo día 10 de marzo, xoves. A formación realizarase en horario de 16.30 a 20.00 horas.
Os obxectivos son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolo etc.
Está dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral e a formación estará ao cargo de Jenifer Souto Pérez, enfermeira coeducadora e psicóloga.
Para participar poden poñerse en contacto coa organización a través web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/.