Organizan en Pino un taller de primeiros auxilios

TerraChaXa
Begonte acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura o 12 de xuño.
taller primeiros auxilios pino portada
taller primeiros auxilios pino portada
31 mar 2024

A biblioteca rural de Pino acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar o 5 de abril a partir das 16.00 horas a cargo de Afalu.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragoamentos e recoñecemento dunha PCR.

As inscricións poden realizarse a través da asociación de veciños, en afalu@afalu.org ou no 607 843 384.