Organizan en Pino unha xornada de risoterapia para coidadores

TerraChaXa
Impartirase o venres 27 de febreiro de 16.40 a 19.30 horas na biblioteca rural
risoterapia-cospeito-pino
26 sep 2024

A Asociación de veciños de San Martiño de Pino organiza unha xornada de risoterapia para coidades que se impartirá o venres 27 de febreiro de 16.40 a 19.30 horas na biblioteca rural da escola da parroquia.

As inscricións son de balde e deben facerse no correo electrónico afalu@afalu.org ou no teléfono 607 843 384.

O curso estará a cargo de Afalu Alzheimer e ten como obxectivo aprender a xestionar e canalizar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.

No programa inclúese a risoterapia e o benestar para falar de beneficios físicos e psicolóxicos e as dinámicas e técnicas para a realización de diferentes xogos e actividades.

0.15090012550354