Organizan en Pol un curso de autodefensa

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol organiza un curso de autodefensa para mulleres.
2 Xan 2023

O Concello de Pol organiza un curso de autodefensa para mulleres. Este terá lugar entre o 9 e o 11 de xaneiro de 16.00 a 20.00 horas no centro socioculturla de Mosteiro.

A inscrición pode facerse no teléfono 982 345 029 ou nas oficinas municipais ata o 3 de xaneiro, martes

Esta formación, que está dirixida a mulleres para defenderse de situacións violentas está ao cargo de especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As menores de 18 anos que acudan soas deben presentar autorización pai,nai ou titor.

0.18252086639404