Organizan en Xermade unha viaxe ás Mariñas coruñesas

TerraChaXa
Sairán o sábado 29 ás 9.30 horas da praza do Concello cara a Betanzos
vaixe-marinas-xermade
Cartel
24 Jun 2024

O Concello de Xermade organiza o sábado 29 unha viaxe ás Mariñas coruñesas con saída da praza do Concello ás 9.30 horas.

A primeira parada será en Betanzos, onde realizarán, ás 11.00 horas a ruta guiada Betanzos en feminino. Unha vez rematada, farán unha visita libre por esta localidade.

Trala comida, que terá un prezo de 20 euros, viaxarán ao Pazo de Mariñán, en Bergondo, onde visitarán este conxunto histórico-artístico e os seus xardíns, a partir das 16.15 horas.

Ás 18.15 haberá unha visita libre por Sada para regresas ás 20.30 a Xermade.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse antes do 25 de xuño no teléfono 678 744 178. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas.

0.126140832901