Organizan esta tarde en Begonte unha charla sobre nutrición

TerraChaXa
Recén rematada a Festa da Xuventude, o Concello de Begonte organiza unha charla gratuíta co título Nutrición para xóvenes deportistas.
charla nutricion begonte portada
charla nutricion begonte portada
23 Maio 2022

Recén rematada a Festa da Xuventude, o Concello de Begonte, en colaboración coa Fundación Breogán, continúa co seu programa Básket no rural cunha charla gratuíta hoxe luns, a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura co título Nutrición para xóvenes deportistas.

A ponencia centrarase nos nutrintes e como facer unha dieta equilibrada, os almorzos e merendas saudables, a alimentación antes e despois do exercicio e os mitos alimentarios.

Esta actividade será impartida por Marta Pérez Fandiño, dietista-nutricionista.

0.1817479133606