Organizan este domingo en San Simón unha charla sobre a calidade do mel

TerraChaXa
A Escola da Pedregosa, na parroquia vilalbesa de San Simón, acolle este domingo, 31 de xullo, unha charla sobre a calidade do mel.
charla sobre a calidade do mel san simon portada
charla sobre a calidade do mel san simon portada
30 Xul 2022

A Escola da Pedregosa, na parroquia vilalbesa de San Simón, acolle este domingo, 31 de xullo, unha charla sobre a calidade do mel organizada pola Asociación de Apicultura Serra da Carba.

O contido da ponencia centrarase na normativa vixente así como nas análises dos diferentes parámetros como os físico-químicos, polínico e organoléptico.

A charla é aberta a toda a poboación e dará comezo ás 10.00 horas.

0.14874720573425