Organizan este sábado unha visita guiada ao Castro de Viladonga
LugoXa | TerraChaXa
Os asistentes poderán coñecer de primeira man os achados e avances nas escavacións recentes deste importante xacemento arqueolóxico
18 Oct 2024
Este sábado 19 de outubro, ás 11:30 horas, haberá unha visita comentada aos últimos traballos arqueolóxicos no Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei.
A actividade, organizada pola Xunta de Galicia e o Museo do Castro de Viladonga, non require inscrición previa.
Os asistentes poderán coñecer de primeira man os achados e avances nas escavacións recentes deste importante xacemento arqueolóxico. O punto de encontro será diante do propio Museo do Castro de Viladonga.
Esta actividade enmárcase dentro do programa CulturON, unha iniciativa para achegar o patrimonio cultural e histórico galego ao público.