Organizan na Casa das Insuas un taller de vimbio vivo en macetas

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Galega de Custodia do Territorio continúa coas actividades da Casa das Insuas cun taller de vimbio vivo en macetas.
taller de vimbio en vivo casa das insuas portada
taller de vimbio en vivo casa das insuas portada
20 Feb 2023

A Asociación Galega de Custodia do Territorio continúa coas actividades da Casa das Insuas coa celebración dun taller de vimbio vivo en macetas, impartido pola cesteira Idoia Cuesta. Será o día 26 de febreiro, de 10:30 a 14:00 horas.

Utilizando as varas da poda que xa están feitas, cada un dos participantes fará a súa propia estrutura de vimbio. O alumno levará para casa unha maceta coa súa creación. Solicítase que cada un leve unhas tesoiras de poda.

O taller ten prazas limitadas e as inscricións poden realizarse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Tamén se ofrece máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 620-59.38.92.

Esta actividade inclúese dentro do convenio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

taller de vimbio en vivo casa das insuas
0.14918804168701