Organizan na Pastoriza unha viaxe a Santiago polo Día da Muller

TerraChaXa
A área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza ten organizada unha viaxe a Santiago co fin de organizar o Día Internacional da Muller.
catedral obradoiro santiago de compopstela
8 Mar 2023

A área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza ten organizada unha viaxe a Santiago co fin de organizar o Día Internacional da Muller Traballadora. Este terá lugar o domingo 12 de marzo, con saída ás 9.00. horas da praza do Concello.

O programa consistirá nun paseo por Santiago para coñecer algunhas das mulleres que forman parte da historia da cidade. Tras un temo libre para o aperitivo terá lugar o xantar e pola tarde visitarase o pazo de Rivadulla.

O custe da viaxe é de 25 euros para pagar o xantar xa que o resto de gastos serán sufragados polo Concello.

A inscrición á viaxe ten que facerse antes do día 9 no 982 332 197 ou no 659 395 266.

0.17935109138489