Organizan no CEIP Virxe do Corpiño un taller sobre alimentación

TerraChaXa
O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño de Begonte organiza este mércores, 24 de abril, unha sesión de dúas horas de formación sobre alimentación infantil presencial, práctica, dinámica, participativa, impartida por unha dietista-nutricionista profesional.
23 Abr 2024

Na sesión daranse a coñecer os conceptos básicos para manter unha alimentación saudable en familia e aprender a planificar o menú semanal e preparar comidas saudables para nenos e nenas. Tamén falarase da etiquetaxe dos alimentos.

A sesión de formación vai dirixida a calquera familiar do noso alumnado e é totalmente gratuíta. Para poder asistir, e por cuestións organizativas, é necesario comunicalo previamente chamando ao cole: 982 870 089 ou ben mandando un email á escola ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal, comunicando o número de asistentes.

0.18484210968018