Organizan o sábado unha homenaxe a Bernardo García Cendán
O sábado 31 de decembro de 2022, ás 12:30 horas, na praza da Igrexa de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) levará a cabo a inauguración da inscripción conmemorativa nunha das lousas da praza (obra do canteiro José Gómez de Bernardo, Pepón) cando se cumplen dez anos do pasamento de Bernardo García Cendán.
O acto terá tamén un apartado poético (no que poderán participar todas as persoas que o desexen) co recitado de poemas do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán dúas alumnas do conservatorio vilalbés: Icía Saavedra Cortiñas, coa guitarra, e Sara Puentes Antas, coa frauta.