Organizan un curso de restauración de mobles en Noche

TerraChaXa
A asociación veciñal de Nausti abre o prazo de inscrición a un curso de restauración de mobles que impartirá a monitora María Folgueira.
curso restauracion mobles noche portada
curso restauracion mobles noche portada
23 mar 2023

A asociación veciñal de Nausti abre o prazo de inscrición a un curso de restauración de mobles que impartirá a monitora María Folgueira.

O curso terá lugar de maio a xuño, todos os luns de 19.30 a 21.30 horas, no centro social José Luis Novo Cazón, casa escola de Noche.

Para este curso hai entre 10 e 12 prazas. Aínda que a inscrición é aberta terán prioridade os socios.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo a través de Veva (625 521 113), Pili (687 333 614) ou María del Carmen (649 179 291).

A formación ten un custe de 30 euros ao mes pero os socios pagarán a metade.

curso restauracion mobles noche