Organizan un novo máster de caza sen morte en Friol
Por terceiro ano consecutivo Friol será sede o Máster CCPB na que será a edición número XVI organziado polo Club Deportivo Jalizar en colaboración co Club de Cazadores Becada. Estes clubs están integrados por amantes da natureza e dos animais, especialmente dos cans.
Con esta xuntanza, e con outras vindeiras, pretenden mostrar un enfoque diferente do aproveitamento cinexético dos nosos montes, acorde cos tempos actuais.
As probas do máster desenvolveranse no Técor Cova da Serpe I e II, que colaboran poñendo os terreos a disposición dos participantes, para esta modalidade de caza sen morte, onde só se puntúa o bo facer dos cans que participan.
Para ese fin, un dos seus obxectivos é o de organizar xornadas didácticas, como a que se levará a cabo nesta ocasión.
A proba terá lugar o sábado 16 de decembro a partir das 8.00 horas. As inscricións hai que facelas a través de Eloy, no teléfono 675 849 923. Os prezo é de 30, 50 e 75 euros para socios dependendo do número de cans, e para os non socios entre 35 e 90.