Organizan un novo máster de caza sen morte en Friol

TerraChaXa | LugoXa
Por segundo ano consecutivo Friol será sede o Máster CCPB na que será a edición número XV organizado polo Club Deportivo Jalizar.
master caza sen morte friol portada
9 Dec 2023

Por terceiro ano consecutivo Friol será sede o Máster CCPB na que será a edición número XVI organziado polo Club Deportivo Jalizar en colaboración co Club de Cazadores Becada. Estes clubs están integrados por amantes da natureza e dos animais, especialmente dos cans.

Con esta xuntanza, e con outras vindeiras, pretenden mostrar un enfoque diferente do aproveitamento cinexético dos nosos montes, acorde cos tempos actuais.

As probas do máster desenvolveranse no Técor Cova da Serpe I e II, que colaboran poñendo os terreos a disposición dos participantes, para esta modalidade de caza sen morte, onde só se puntúa o bo facer dos cans que participan.

Para ese fin, un dos seus obxectivos é o de organizar xornadas didácticas, como a que se levará a cabo nesta ocasión. 

A proba terá lugar o sábado 16 de decembro a partir das 8.00 horas. As inscricións  hai que facelas a través de Eloy, no teléfono 675 849 923. Os prezo é de 30, 50 e 75 euros para socios dependendo do número de cans, e para os non socios entre 35 e 90.

master caza sen morte friol
0.18922710418701