Organizan un novo obradoiro de ganchillo amigurumi en Sancovade
TerraChaXa
Impartirase os venres dos dous meses, comezando o 1 de novembro
12 Oct 2024
A asociación de veciños Santiago de Sancovade levará a cabo nos meses de novembro e decembro un obradoiro de ganchillo amigurumi, no que se aprenderá a facer un boneco deste tipo así como os principais puntos para facelos.
O curso ten un prezo de 50 euros para socios sen material e de 60 con material e serán dez euros máis para os non socios. Impartirase os venres dos dous meses, comezando o 1 de novembro, de 18.00 a 21.00 horas. En decembro as clases serán os días 13, 20 e 27.
As inscricións poden realizarse a través de Almudena (698 185 859) e Lucía (651 478 916) e o mércores 23 é o último día.