Organizan unha excursión a Vila Nova de Cerveira e Baiona o 2 de maio

Unha nova proposta de lecer permitirá descubrir dous dos destinos máis atractivos do norte de Portugal e do sur de Galicia nunha xornada completa. O sábado 2 de maio está prevista unha viaxe organizada desde Cospeito a Vila Nova de Cerveira e Baiona, con saída ás 7:00 horas desde os puntos habituais.
A actividade inclúe o desprazamento en autobús, así como o almorzo e o xantar durante a xornada. Ademais, as persoas participantes poderán gozar dunha visita a Vila Nova de Cerveira coincidindo coa súa coñecida feira, un dos principais reclamos desta vila portuguesa.
A excursión completarase cun percorrido por Baiona, destacada polo seu valor histórico e o seu atractivo costeiro.
O prezo da viaxe establécese en 50 euros para persoas socias e 60 euros para non socias das tres entidades organizadoras, as asociación de veciños de San Martiño de Pino, O Cruceiro de San Pedro de Seixas e a de Vilapene. As inscricións deberán formalizarse antes do 24 de abril a través de calquera membro das directivas organizadoras, sendo necesario realizar o pagamento previo para garantir a praza.