Organizan unha excursión en Riotorto a Gijón e Oviedo

TerraChaXa | AMariñaXa
Será os días 28 e 29 de outubro e inclúe un completo itinerario con visitas guiadas
Xixon-Feten
29 Sep 2026

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Gijón e Oviedo para os días 28 e 29 de outubro. A actividade inclúe un completo itinerario con visitas guiadas, pensión completa e aloxamento en hotel de catro estrelas.

A saída será o mércores 28 ás 7:30 horas desde a gasolineira. Durante a xornada, está prevista unha parada para almorzar, seguida da visita ao Museo da Minería e Industria El Entrego e xantar nun restaurante local. Pola tarde, os participantes trasladaranse a Oviedo para pasar a tarde. Pola noite, regresarán ao hotel de Gijón e tomarán a cea ás 21:00 horas no propio hotel.

O xoves comezará cun almorzo no hotel, seguido dunha visita guiada por Gijón. O xantar terá lugar ás 14:00 horas nun restaurante local, deixando a tarde para visitar a Universidade Laboral. Trala cea está prevista a saída de regreso a Riotorto.

O prezo total da excursión é de 150 euros por persoa, con todo incluído. Hai 50 prazas dispoñibles, dando preferencia aos usuarios dos centros veciñais. As persoas interesadas poden inscribirse cos monitores dos centros ou no Concello antes do día 30 de setembro.

0.14597105979919