Organizan unha nova edición da rapa das bestas en Vilapedre

A parroquia vilalbesa de Vilapedre acollerá o sábado 6 de xuño unha nova edición da Rapa das Bestas, que se organiza na finca Enxebreza.
A xornada contará cun amplo programa de actividades que darán comezo ás 10.00 horas coa baixada das bestas ata os curros.
Ás 10.30 horas terá lugar o prato forte da xornada, a rapa das bestas.
Completarase o programa cunha comida campestre servida por Catering O'Paso. Os tickets da comida poden mercarse no teléfono 679 998 803.