Organizan unha xornada de control de pragas en Muimenta

TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza unha xornada informativa sobre pragas emerxentes, que estará a cargo de Lolo Andrade.
XORNADA PRAGAS EMERXENTES MUIMENTA PORTADA
XORNADA PRAGAS EMERXENTES MUIMENTA PORTADA
4 Xuño 2023

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organiza unha xornada informativa sobre pragas emerxentes, que estará a cargo de Lolo Andrade , especialista en pragas, un dos maiores expertos de Galicia na loita contra a avespa asiática.

A sesión será o sábado 10 de xuño ás 10.00 horas cunha duración aproximada de 2 horas no local social do Centro Médico de Muimenta.

As inscricións teñen un prezo de 10 euros para persoas socias e 15 euros non socias e poden facerse na Mercería Teresa ata o 9 de xuño.

Falarase de como previr e controlar as novas pragas como a mosca nogueira, avelaíña buxo, psila dos cítricos, picudo das palmeiras, avespa asiática, fungos e pragas de horta e xardín.

XORNADA PRAGAS EMERXENTES MUIMENTA
0.18591499328613