Organizan uns obradoiros para a cativada e unha andaina polo 25N en Abadín

TerraChaXa
Debido á próxima celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Centro de Información á Muller de Mondoñedo en colaboración co Concello de Abadín, realizará actividades dirixidas ao alumnado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño co obxecto de fomentar a igualdade en prol dunha educación que permita a adquisición e transmisión de valores humanos, comportamentos e actitudes baseadas no respecto e a igualdade de dereitos e oportunidades entre a diversidade de persoas que conforman a nosa sociedade.
andaina violencia de xenero portada
16 Nov 2023

Así celebrouse este luns un obradoiro de Igualdade para o ciclo de Infantil, Primeiro e Segundo ciclo de Primaria. Primeiro léronse as historias de Artur e Clementina ou Rosa Caramelo da escritora Adela Turin e a ilustradora Nela Bosnia, pertencentes a unha colección de referencia para a coeducación e a igualdade.

Despois analizáronse as rutinas cotiás da interesante Familia Barbeitas Curuxeiras, e por último, falaron do xénero, desmontando os mitos do patriarcado e facendo visible a discriminación á que anda están suxeitas as mulleres traballando os roles e os estereotipos con diapositivas, xogos de mesa e xogos de rol.

Este venres terá lugar un obradoiro de Igualdade para o Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto ciclo de Primaria. Neste obradoiro traballarase o contexto da igualdade explicando que son os estereotipos, os roles, as diferenzas entre xénero e sexo biolóxico, os axentes sociais significativos na socialización de xénero e as accións que están nas nosas mans para promover a igualdade de dereitos e oportunidades entre as nenas e os nenos.

ANDAINA

Ademais, o 26 de novembro terá lugar unha andaina solidaria contra a violencia de xénero co título Camiño ao respecto.

Os participantes percorrerán o Camiño Norte de Santiago, desde o Concello ata Candia a partir das 11.00 horas.

A camiñada, que ten unha duración aproximada de unha hora e 30 minutos, terá como punto de saída e chegada a casa consistorial.

A camiñada é d 6 quilómetros e a cun nivel de dificultade medio.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse con Tania no 695 888 170.

andaina violencia de xenero
0.178955078125