Os alcaldes de Monterroso e Outeiro de Rei reclaman axudas por ter centros penitenciarios

TerraChaXa | LugoXa
Os alcaldes dos cinco concellos galegos con centro penitenciario (A Lama, Curtis, Outeiro de Rei, Monterroso e Pereiro de Aguiar) reuníronse co Secretario de Institucións Penitenciarias e o Director Xeral en Madrid.
centro penitenciario carcel bonxe
8 May 2024

Os alcaldes dos cinco concellos galegos con centro penitenciario (A Lama, Curtis, Outeiro de Rei, Monterroso e Pereiro de
Aguiar) reuníronse co Secretario de Institucións Penitenciarias e o Director Xeral en Madrid.

No encontro tratáronse varios asuntos en relación á afección e incidencia que supón para cada un dos municipios contar cun centro penitenciario.

Actualmente os concellos de Galicia con centros penitenciarios están prestando varios servizos públicos a estas instalacións, servizos que lles supoñen un custo ás arcas municipais e polas que non se percibe ningún tipo de ingreso do Estado.

No encontro solicitouse a compensación económica equivalente ao importe que se debería percibir polo IBI en cada concello, e outra partida polo impacto que supón nos medios de comunicación e na sociedade as noticias por cumprimento de penas, como se perciben noutros concellos de España.

A proposta foi recollida con receptividade e as dúas autoridades centrais comprometéronse cos alcalde a que se trasladarían ao Ministerio de Facenda as súas demandas.

0.16539001464844