Os alcaldes do Incio, O Saviñao, Rábade e Folgoso do Courel representarán a Lugo na Fegamp

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa
As entidades locais gobernadas polo Partido Popular na provincia de Lugo estarán representadas na Federación Galega de Municipios e Provincias para o mandato 2023-2027 por dúas alcaldesas e outros tantos alcaldes.
representantes fegamp pp portada
representantes fegamp pp portada
17 Nov 2023

As entidades locais gobernadas polo Partido Popular na provincia de Lugo estarán representadas na Federación Galega de Municipios e Provincias para o mandato 2023-2027 por dúas alcaldesas e outros tantos alcaldes. Son os seguintes: Remedios González (Rábade), Lola Castro (Folgoso do Courel), Héctor Corujo (O Incio) e Carlos Armesto (O Saviñao).

Os representantes lucenses no consello federal da Fegamp foron elixidos no decurso da XI Asemblea Ordinaria da entidade, celebrada en Santiago de Compostela e na que se constituíron os órganos directivos desta entidade para o novo período.

Héctor Corujo, que ademais ocupa o posto de vicepresidente e en nome dos seus compañeiros, agradeceu a oportunidade que se lles brinda “para representar aos concellos lucenses na defensa dos seus intereses e da veciñanza, así como tamén para facer as súas achegas ás iniciativas da Xunta de Galicia en materia lexislativa”. Tal é así que para o popular estes nomeamentos reflicten e poñen en valor “o peso que o rural ten para o PPdeG”.

Corujo quixo destacar que a colaboración entre administracións é esencial “se queremos que os nosos concellos podan ofrecer servizos de calidade para fixar poboación”, por iso expresou o seu desexo de que este novo mandato da Fegamp “permita ofrecer solucións ás demandas de toda a cidadanía, e non como desgraciadamente estamos a ver con privilexios entre territorios por puros intereses partidistas”.

"Os gobernos do Partido Popular así o están demostrando", subliñou, destacando o anuncio realizado onte mesmo na asemblea da Fegamp polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, ao sinalar que o Goberno de Alfonso Rueda traballa na reforma da Lei de Administración Local de 1997. "Unha iniciativa que permitirá adaptar este texto á realidade demográfica galega actual ao proporcionar ás entidades locais en risco de despoboamento ferramentas que garantan a calidade dos servizos municipais, avanzando cara a un novo municipalismo do século XXI".

representantes fegamp pp
0.18779897689819